Achégase o verán, ¡ollo á túa factura eléctrica!

Se no inverno, a diminución de horas de luz solar ou as necesidades de calor que precisamos para manter o confort do noso espazo de traballo ou vivenda fan medrar a factura eléctrica, no verán este recibo tamén pode pegar un estirón. Isto é debido, sobre todo, ao emprego de aparellos de aire acondicionado que nos permitan facer fronte ás altas temperaturas. Nesta situación, este é o momento de deterse e reparar en cales son as nosas necesidades e en como podemos, sen renunciar á comodidade, evitar sustos a fin de mes. Para conseguilo, ademais de ter en conta pautas básicas de emprego destas instalacións, en Aralumen contamos con medidores que che permitirán controlar, de xeito sinxelo, o teu consumo en cada momento.

Así, podes controlar o gasto eléctrico do teu fogar ou negocio dende o teu móvil, tablet ou PC con este Medidor de Consumo Online que inclúe:

  • Un Hub + un cable Ethernet para conectar o equipo de medida o teu router
  • Un transmisor +  un sensor para medir os consumos no teu cuadro eléctrico
  • Unha guía de instalación
  • Aplicación gratuíta para acceder a todos os datos
  • Servizo de asistencia telefónica Aralumen: si o precisas, che axudamos telefónicamente a instalalo e configuralo correctamente

En resumo, instalacións que nos fan o día a día moito máis sinxelo e, sobre todo, máis rentable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso