Ano 2009. Naquel momento botaba a andar Aralumen. Concebimos esta empresa coma un proxecto moi persoal, coma un xeito de prestar servizos de electricidade que estabamos convencidos de que se precisaban no noso entorno, a Costa da Morte. Pasados nove anos, o tempo deunos a razón.
Ademais de apostar polos servizos de proximidade, quixemos achegar á nosa comarca prestacións que cada vez son máis necesarias pero que, en moitas ocasións, só se podían acadar nas cidades. É o caso, por pór un exemplo, do servizo de auditoria enerxética e aforro, un dos máis demandados en Aralumen.
E nesta primeira década da que imos camiño, incorporamos ao noso equipo persoal especializado e mozo, que nos aporta unha visión multidisciplinar así como unha total autonomía no emprego das últimas tecnoloxías.
En definitiva, aquel proxecto que naceu con toda a ilusión posible agora suma máis ilusión pero incorpora un ingrediente: a experiencia. Grazas a todos por facelo posible!