ARALUMEN IMPULSA – MODERNIZACIÓN DO COMERCIO GALEGO

En Aralumen levamos dende o 2009 ofrecendo solucións de electricidade e telecomunicacións por toda a Costa da Morte.

Analizando o contínuo crecemento do sector turísitico na nosa zona, decidimos enfocar os nosos esforzos en axudar as empresas hosteleiras e comercios da noza zona a medrar, fortalecerse e mellorar a súa competitividade.

Con esta idea en mente, abrimos en maio un novo local en Fisterra, no que os profesionais do sector poden atopar información e recursos sobre cuestións como:

  • Proxectos e instalacións de electricidade, telecomunicacións e climatización
  • Novas tecnoloxías aplicadas aos negocios
  • Instalacións de seguridade e videovixilancia
  • Xestións eléctricas: altas de luz, contratacións,
  • Controles de acceso e de presenza (rexistros horarios dos traballadores)

O mesmo tempo creamos o plan estratéxico ARALUMEN IMPULSA, co fin de achegar de forma regular información e recursos valiosos para as empresas da nosa zona

Nesta ocasión, a traves de ARALUMEN IMPULSA – MODERNIZACIÓN DO COMERCIO GALEGO, queremos achegar os nosos clientes unha liña de axudas moi interesante orecida pola Xunta de Galicia por medio da Consellería de Economía, Emprego e de Industria, destinada a contribuir o fortalecemento do comercio minorista e artesán galego.

Para elo, este MÉRCORES DÍA 15 DE MAIO A PARTIR DAS 15:30 creamos un evento no noso SALÓN TECNOLÓXICO DE FISTERRA co fin de  que tódolos os interesados podan vir a informarse sobre esta liñas de axudas e cómo solicitalas

Para facilitar a solicitude das axudas a todos os interesados, teremos con nós ao equipo de  KUZUNGUKA APP DEVELOPERS, desenvolvedores de páxinas web e tendas online, que ofrecerán solucións personalizadas para cada cliente

RESUMO DAS BASES REGULADORAS

¿Que subvencionan?

  • Creación e optimización de páxinas web e tendas online
  • Planes de márketing e comunicación online
  • Implantación de sistemas de xestión (programas de contabilidade… etc)
  • Modernización do local (interiorismo e decoración)
  • Posta en marcha de proxectos de tendas efémeras

¿Quen pode presentarse?

As actividades subvencionables son:

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.

647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (agás 647.4 e 647.5).

651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos (agás 652.1).

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción (agás 653.4).

656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, artigos e enxoval ordinarios de uso doméstico.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659. Outro comercio polo miúdo.

665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente: «comercio retallista por correo ou catálogo». No caso de comercio en liña, non será subvencionable a comercialización en liña de produtos ou servizos non comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia

41- Industria de produción de produtos alimenticios.

421- Industria de cacao, chocolate e produtos de confeitaría.

43- Industria téxtil.

44- Industria do coiro.

45- Industria do calzado e vestido e outras confeccións téxtiles.

¿Qué importe é subvencionable?

Adxuntamos anexo IV onde se indica a porcentaxe subvencionable según a actuación

¿Cómo podo solicitala?

Achégate este MÉRCORES DÍA 15 DE MAIO a partir das 15:30 ao noso local e che facilitaremos toda a axuda que precises sin ningún compromiso

Nos atopamos aquí:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso