REXISTRO DA XORNADA LABORAL-ARALUMEN IMPULSA

A chegada da nova regularización trae de cabeza as empresas da Costa da Morte. En Aralumen intentamos resolver as principais dudas do rexistro

A Ministra de Traballo di o seguinte do rexistro horario “Nadie se ha tomado en serio el registro del control horario. Ha habido dos meses para cumplirlo y desde luego, la inspección de trabajo va a actuar”

A Ministra de Traballo di que “Nadie se ha tomado en serio el registro del control horario”

Son moi poucas as empresas da comarca que xa contaban co rexistro da xornada laboral. Ca entrada en vigor do novo regulamento, todas as empresas deben adaptarse o mais axiña posible a nova normativa, pero todavía hai moitísimas dudas sobre cómo facelo correctamente

Dende Aralumen intentamos resolver as cuestións que nos plantexan os nosos clientes:

  • ¿Quen está obrigado a fichar?
  • ¿A que obriga esta nova regularización?
  • ¿Qué pasa coas horas extra?
  • ¿Por qué motivos poden sancionar a unha empresa?
  • ¿Cales son as sancións?
  • ¿Cómo evitar unha sanción?
  • ¿Qué métodos esixten pra fichar correctamente?

1. ¿Quen está obrigado a fichar?

O rexistro horario aplícase a totalidade dos traballadores, independientemente do tamano da empresa, do sector ou da categoría profesional

Inclúe tamén os traballadores móviles, comerciais, temporais, traballadores a distancia ou calquera situación na que a prestación laboral non de desenrole total ou parcialmente no centro de traballo da empresa .

2. ¿A qué obriga esta nova regularización?

A regularización establece que toda empresa está obrigada a:

  • Garantir o rexistro diario da xornada, incluindo o horario concreto de inicio e finalización da xornada de traballo de cada empleado. Esto supón que o rexistro debe de ser doble: de horario (entrada e saída) e da xornada (número de horas)
  • Organizar e documentar o rexistro da xornada
  • Conservar durante 4 anos os citados rexistros por parte de la empresa, estando a disposición dos empleados, dos seus representantes legales e da ITSS

3. ¿Qué pasa coas horas extras?

As horas extras deberán reflexarse cada día no rexistro horario, e deberán contemplarse na nómina mensual do traballador, non acumulando mais de 80 horas anuais

As horas extra tamén poderán compensarse por descanso dentro dos 4 meses seguintes a realización das mesmas. De sere así, estas horas NON COMPUTARÁN para o acumule das 80 horas

4. ¿Por qué motivo poden sancionar a unha empresa?

As empresas serán sancionadas cando incumplan ou non fagan correctamente o rexistro da xornada laboral, presente éste signos de manipulación ou non estea dispoñible cando o requira a inspección de traballo. As horas extra tamén deberán quedar correctamente rexistradas.

Recordamos que a inspección poderá requerir os rexistros das xornadas de ata 4 anos de cada traballador

5. ¿Cales son as sancións?

Este Real Decreto modifica o artigo vixente, polo que a partir do 12 de maio de 2019 as transgresións das normas en materia de rexistro de xornada pasan a ser INFRACCIÓNS GRAVES. Deste xeito, as sancións poderán oscilar entre os 626 e os 6.250 euros

Pero a cousa non remata aquí: o TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UNIÓN EUROPEA deixa claro que o rexistro e cumplimento da xornada laboral e un dereito fundamental do traballador. Esto significa que, a partir de agora, si unha empresa non respecta o rexistro, non só estará incumprindo un decreto-lei, senon que estará vulnerando un dereito fundamental dos traballadores recollido pola XUSTIZA EUROPEA, e queda exposta a infraccións moi graves por danos e prexuizos de vulneración dun dereito fundamental

Non sabemos todavía con qué rotundidade van a actuar as inspeccións, pero o que sí temos claro, e que no caso de denuncia, os tribunais van a actuar con firmeza e as sancións van a ser moi elevadas

6. ¿Cómo evitar unha sanción?

Establecendo un método de fichaxe que cumpra coa regularización, xa sexa en papel ou por métodos dixitais con aparatos electrónicos. E obrigatorio levar o correcto rexistro da xornada laboral así como das horas extras, e tendo en todo momento dispoñible este rexistro durante 4 anos para cando sexa solicitado.

7. ¿Qué métodos de fichaxe esixten?

Os principais métodos de fichaxe para o rexistro da xornada son:

  • Rexistro tradicional en papel. E válido, pero conleva a dificultade de arquivar os todos os rexistros diarios durante un mínimo de 4 anos
  • Rexistro dixital mediante aparatos electrónicos. Este e o método mais efectivo e cómodo tanto para a empresa como para os traballadores, xa que os rexistros quedan almacenados en formato dixital, permiten copias de seguridade e están dispoñibles en todo momento tal e como expresa a normativa

En Aralumen dispoñemos de equipos de control de presenza para adaptar as empresas a nova regularización

equipo elestronico para o rexistro dixital da xornada
Equipo electrónico para o rexistro dixital da xornada

Estos equipos electrónicos rexistran e almacenan de forma fiable os fichaxes dos traballadores, permitindo a descarga de tódolos datos nun PC, e facilitando así o rexistro e almacenamento da xornada de traballo. O rexistro se pode facer por huella dactilar, con tarxeta ou con código PIN

Temos dispositivos a venta dende os 299€, achégate a probalos sen compromiso

Si necesitas resolver mais dudas ou queres probar cómo funcionan estos equipos, achégate o noso SALÓN TECNOLÓXICO en Fisterra, na Rúa Cabello Nº33 de 9:30 a 13:30 ou polas tardes concertando cita previa chamando ao 608 88 96 44 (Marcelino)

Nos atopamos aquí:

Se queres estar enterado de todas as novidades visita o noso facebook

https://www.facebook.com/electricidade.aralumen/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso