Esta mañá espertamos cunhas temperaturas considerablemente máis baixas que nestes días pasados. Ademais de engadir a chaqueta á nosa vestimenta, sodes moitos os que nos estades a preguntar pola calefacción máis eficiente para o fogar. En Aralumen propoñémosche a seguinte: emisores térmicos.
Este sistema de calefacción é de carácter fixo e funciona conectándose á rede eléctrica. Se o escolles como método para caldear o fogar, unha oficina, un local comercial ou outro espazo verás que non aporta máis que beneficios:
-Son bos condutores térmicos, polo que o seu material de fabricación presenta un elevado factor de transmisión
-Poden programarse de xeito diario ou semanal, escollendo o momento da xornada no que temos maiores necesidades de calor
-Presentan un gasto e consumo menor, posto que manteñen o calor e polo tanto precisan menos enerxía para seguir quentando
-A súa instalación é moi sinxela, pois non precisa obras senón simplemente unha anclaxe á parede
-Hai variedade de modelos e opcións dispoñibles, en función das necesidades de cada caso. Neste senso, Aralumen dispón de:
Emisor Térmico con fluido 7 elementos 1250w
Emisor Térmico con fluido 6 elementos 950w
Emisor Térmico sen fluido 8 elementos 1250w
Emisor Térmico sen fluido 10 elementos 1500w
Emisor Térmico sen fluido 6 elementos 900w
Emisor Térmico 9 elementos 1450w
En definitiva, fronte a outros sistemas de calefacción, os emisores térmicos aportan confort, baixo consumo e un gasto reducido. Precisas máis información?