Campaña de prevención de riscos eléctricos na Costa da Morte

 

 

¿Pode ser perigoso ter unha instalación eléctrica en malas condicións?

 

¡¡Por suposto!! A semana pasada mesmo faleceu en Sabadell un home electrocutado mentras se duchaba. Os accidentes eléctricos mortais ocorren con máis frecuencia do que pensamos: CADA TRES DÍAS UNHA PERSOA FALECE ELECTROCUTADA EN ESPAÑA.

Na gran maioría dos casos, estes accidentes débense ao mal estado das instalacións e á carencia de proteccións contra fugas eléctricas.

 

Cando aparece unha fuga de corrente  nunha máquina ou nun electrodoméstico, ésta pode pasar directamente as persoas causando graves danos, como queimaduras, contraccións musculares, paros respiratorios ou mesmo o falecemento

 

En Aralumen levamos case 10 anos reparando avarías eléctricas en centos de fogares e negocios por toda a Costa da Morte. Durante este tempo, atopámonos con numerosas instalacións que carecen das proteccións eléctricas necesarias para garantir a seguridade das persoas.

 

 

 

 

As vivendas con situacion de máis risco son as seguintes:

 

  • Vivendas, edificios e locais con máis de 25 anos
  • Vivendas, edificios e locais reformados actualmente pero con traballos realizados por técnicos NON profesionais. Moito ollo!
  • Vivendas, edificios e locais situados nos cascos antigos ou históricos
  • Vivendas situadas nas zonas rurais

 

Debido a todo isto, nace na nosa empresa unha gran preocupación e unha responsabilidade por advertir e informar a todos os veciños da Costa da Morte desta situación. Por ese motivo, impulsamos unha CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DE RISCOS ELÉCTRICOS NA COSTA DA MORTE, que permanecerá activa durante todo o mes de xuño, cos seguintes obxetivos:

  1. Informar á maior cantidade de xente posible dos perigos derivados dunha instalación eléctrica en mal estado
  2. Facilitar a tódolos veciños métodos sinxelos para comprobar se a súa instalación supón un perigo para as persoas
  3. Ofrecer, para todas as persoas que o soliciten no mes de xuño, o noso servizo de Revisión da Instalacion Eléctrica cun 30% de desconto. (Só nos concellos de Fisterra, Corcubión, Cee, Muxía, Dumbría e Carnota)

Se crees que esta información pode ser interesante, síguenos nas redes sociais e, por favor, comparte as publicacións para que cheguen ao maior número de veciños posibles.

E se tés dúbidas sobre a seguridade da instalación do teu local ou negocio, recorda que podes contratar ata o 30 de xuño o noso servizo de revisión da instalación eléctrica cun 30% de desconto. Preme neste enlace para contratalo directamente desde nosa tenda online

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso