Como evitar o risco eléctrico: cinco tarefas imprescindibles

Acaba de ocorrer. Un cidadán faleceu electrocutado en Sabadell mentres se duchaba. Certo é que casos coma este son, afortunadamente, puntuais. Pero precisamente, o feito de que sexan puntuais significa que ocorren. Por regra xeral, soen ter lugar en instalacións de risco ou cando non se toman as medidas de prevención necesarias. Os expertos consultados por Aralumen indican, neste senso, que revisar as instalacións eléctricas evitaría ata 7.000 acccidentes domésticos desta tipoloxía cada ano.

O primeiro que se debe facer é unha revisión da instalación eléctrica. Trátase dun procedemento que, desde Aralumen, recomendamos realizar alomenos unha vez cada dez anos. Deste xeito, é posible obter unha diagnose do estado xeral da instalación, identificando riscos e solventando as situacións de perigo. Así, o noso servizo de revisión da instalación eléctrica inclúe:

  • Comprobación do estado dos equipos eléctricos
  • Revisión da toma de terra en toda a instalación
  • Revisión dos elementos de protección e testeo dos interruptores diferenciais
  • Revisión do illamento dos cables
  • Entrega de informe de deficiencias e presuposto de subsanación

En definitiva, se precisas revisar a instalación eléctrica do teu fogar non dubides en solicitarnos máis información!

Compartir: