Non hai como ter tranquilidade para descansar toda a noite coma un bebé. Esta tranquilidade está, por suposto, ligada á seguridade de saber que o noso fogar ou negocio están protexidos. Por esta razón, en Aralumen incorporamos aos nosos servizos de electricidade na Costa da Morte o deseño e instalación de circuitos de videovixilancia.
Podes escoller dous Kit de videovixilancia. O primeiro deles está composto por:
- 4 x cámaras de alta definición
- 4 x alimentadores para as cámaras
- 1 x Gravador alta definición
- 1 x Cartel de Zona Videovixilada
- Aplicación gratuita para ver os vídeos en directo ou gravados
- Asesoramento de instalación
No segundo caso, incorporamos:
- 2 x cámaras de alta definición
- 2 x alimentadores para as cámaras
- 1 x Gravador alta definición
- 1 x Cartel de Zona Videovixilada
- Aplicación gratuita para ver os vídeos en directo ou gravados
- Cables e conectores para a instalación das cámaras
- Instalación incluida
Neste senso, nambos casos realizamos a instalación completa destes kits por parte do noso persoal técnico, que asegurará o seu correcto funcionamento e posta en marcha. Unha vez instalado, comezarás a notalo: durmirás coma un bebé.