Ubicados nun espazo único e coñecido por ser a fin da terra, o certo é que non imaxinamos un lugar mellor para desempeñar a nosa actividade. Especialista no eido eléctrico, Aralumen presta servizo dende Fisterra á totalidade dos municipios que compoñen a Costa da Morte, unha das áreas máis turísticas e visitadas de Galicia.
Neste senso, tanto as empresas de produtos e servizos como os propios particulares son os principais destinatarios da nosa actividade, que se liga a tres grandes áreas: a electricidade, a electrónica e a tecnoloxía. En concreto, se precisas de:
- Instalacións e reparacións eléctricas
- Seguridade e Videovixilancia
- Aforro enerxético
- Instalación e reparación de antenas para a TDT e SAT
- Redes de datos e Wifi
Asimemo, se precisas material ou servizos eléctricos, a nosa tenda online é o teu destino.