Emisores térmicos, os teus aliados de inverno

Seguro que o notaches. Ao por os pés na rúa. Ao atravesar a porta. E tamén ao erguerte. As temperaturas baixaron. E moito. Así, “que frío fai” é unha das conversas máis compartidas. Cunhas temperaturas medias situadas en Galicia entre os sete e os 13 graos durante o mes de xaneiro –segundo os últimos datos aportados por Meteogalicia-, xa non nos esquecemos do abrigo. Iso ao sair da casa, porque dentro hai outro xeito de combater o frío do inverno dunha meneira eficaz e sinxela. Cal? En Aralumen propoñémosche a seguinte: emisores térmicos. Trátase dun sistema de calefacción de carácter fixo que funciona conectándose á rede eléctrica. A súa elección como método para caldear o fogar, unha oficina, un local comercial ou outro espazo non aporta máis que beneficios:

-Son bos condutores térmicos, polo que o seu material de fabricación presenta un elevado factor de transmisión

-Poden programarse de xeito diario ou semanal, escollendo o momento da xornada no que temos maiores necesidades de calor

-Presentan un gasto e consumo menor, posto que manteñen o calor e polo tanto precisan menos enerxía para seguir quentando

-A súa instalación é moi sinxela, pois non precisa obras senón simplemente unha anclaxe á parede

-Hai variedade de modelos e opcións dispoñibles, en función das necesidades de cada caso. Neste senso, Aralumen dispón de:

Emisor Térmico con fluido 7 elementos 1250w 

Emisor Térmico con fluido 6 elementos 950w

Emisor Térmico sen fluido 8 elementos 1250w

Emisor Térmico sen fluido 10 elementos 1500w

Emisor Térmico sen fluido 6 elementos 900w

Emisor Térmico 9 elementos 1450w

En definitiva, fronte a outros sistemas de calefacción, os emisores térmicos aportan confort, baixo consumo e un gasto reducido. Precisas máis información?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso