Fóra cables á vista: non vos quero no meu fogar

En Aralumen preparamos a instalación para que ningún cable quede á vista. Esquécete de volver ver esa maraña de cables baixando do televisor. Coas novas tomas multimedia, poderás levar o HDMI dende o receptor satélite ou o teu reproductor multimedia favorito ata o televisor sen que se vexa ningún cable.

Ademais, preparamos os teus equipos para que poidas pasar vídeos, imaxes e a túa música favorita dende o móbil, tablet ou PC ata o teu televisor sen necesidade de cables, todo a través da tecnoloxía WiFi.

Asimesmo, aínda que os novos televisores teñen unha gran calidade de imaxe e veñen preparados para ver as canles en HD, non nos sirve de nada se non temos unha instalación á altura, que nos permita sintonizar e recibir realmente as canles en Alta Definición. Por eso en Aralumen instalamos:

  • Antenas TDT e Satélite adaptadas a HD.
  • Repartidores e alimentadores deseñados para ofrecer a máxima calidade de imaxe e minimizar as perdas de sinal.
  • Tomas de TV-SAT de primeira calidade, que nos permiten poder disfrutar tanto da TDT coma das Canles Satélites en alta definición sen necesidade de separadores de sinal.
  • Decodificadores da TDT e receptores Satélite de altas prestacións, preparados para as canles que emitan en HD 1080p reais.
  • Cables HDMI apantallados de primeira calidade

En definitiva, se queres disfrutar da mellor instalación na túa vivenda, consúltanos!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso