Grazas por confiar en Xeneco!

En 24/48 horas contactaremos contigo para conseguir o máximo aforro na factura da luz do teu negocio

Levamos axudando a aforrar aos negocios da Costa da Morte dende o 2009

Creamos Aralumen no 2009 como empresa de servizos eléctricos enfocada no aforro enerxético. Moi amenudo, acudían as nosas oficinas clientes con problemas nas facturas da luz. Nesa época de crisis, moitos dos comerciales das compañias eléctricas se aproveitaban da situación ofrecendo falsos descontos e promesas que xamais cumplirían para conseguir os máximos contratos posibles. Cando aos clientes lles chegaban as primeiras facturas emitidas pola nova compañía, se sentían totalmente estafados: acababan pagando moito mais que antes, con servizos de mantemento que non pediran, e con permanencias que lles obrigaban a estar mínimo un ano con esas condicións.

Cando esto ocurría, estos comerciais nunca contestaban ao teléfono. Si falaban directamente coa atención ao cliente, a resposta era sempre a mesma: “Hai un contrato firmado. Mais lles vale seguir pagando se non queren que lles cortemos o suministro eléctrico”

Ante estos abusos, decidimos poñernos mans a obra. Mais aló das políticas de cada comercializadora, entendimos que o problema estaba no comercial que realizaba ese contrato xa que era él quen realmente enganaba o cliente. Comezamos entón a enviar mensaxes e chamar a numerosas comercializadoras para que nos permitisen ser nós quen xestionasemos directamente os contratos aos nosos clientes, asegurándonos desa maneira que nunca iban a poder engañalos.

Tras mais dun ano intentando, a primeira que confiou en nós foi Holaluz. Nos gustou moito a sua claridade a hora de traballar e os seu principios: satisfacción do cliente e electricidade 100% de orixe renovable. Para poder facer as xestións, Holaluz nos proporcionou unha plataforma online mediante a cal podíamos acceder a área personal dos nosos clientes e tramitar directamente todas as solicitudes.

Dese xeito, podíamos revisar os contratos dos clientes antes de que os firmasen, comprobar as facturas, os seus consumos, as potencias contratadas.. e algo que nos encantou foi que non tiñan permanencia. E decir, si algo non iba ben, o cliente era libre de marcharse en calquera momento

Así, cando un dos nosos clientes tiña un problema, podíamos solucionarllo nós directamente, sin que eles tiveran que pasar horas e horas colgados o teléfono chamando a compañía sin que lles ofrecesen unha solución.

Con eso conseguimos que os clientes se sentisen mais tranquilos e depositasen moita confianza en nós. Non solo na labor de xestor enerxético, sinon que notamos que esto nos axudaba tamén a que contasen con nós para outro tipo de servizos que ofrecíamos en Aralumen, como instalacións de alarmas, cámaras de vixilancia ou redes WIFI para os seus negocios.

Co paso do tempo, outras comercializadoras comezaron a confiar en nós para xestionar os contratos cos clientes. A día de oxe colaboramos con:

Para aforrar o máximo posible na factura da luz do teu negocio, comparamos entre todas elas ata atopar a mellor oferta posible

Unha vez a teñamos, contactaremos contigo e si o necesitas, nós mesmos che axudaremos a tramitar o contrato coa nova compañía para asegurarnos que van a cumprir coa oferta ofrecida sen engaños nin permanencias

Grazas por confiar en Xeneco. En 24 / 48 horas contactaremos contigo. Si necesitas poñerte en contacto antes con nós, podes facelo a través do seguinte formulario de contacto.

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso