Iluminación exterior: seguridade e comodidade nos meses de inverno

Coa chegada do outono, as horas de luz solar son menos. Porén, as nosas necesidades lumínicas mantéñense. De feito, aspectos tan cotiás como sair ou entrar do noso fogar poden complicarse sinxelamente por non contar coa iluminación exterior axeitada. Neste senso, dende Aralumen recomendámosche dous tipos distintos de dispositivos lumínicos:

Plafóns: ideados tanto para interior como para exterior, estes elementos aportan gran cantidade de luz sen ningún tipo de mantemento. De feito, dispoñemos de modelos cuxa vida útil supera as 30.000 horas. Destacan ademais por ser de primeira calidade, avalados pola marca internacional Osram.

Focos proxectores: neste caso, estamos ante dispositivos especialmente pensados para iluminar zonas coma terrazas, xardíns, patios ou rúas cun mínimo consumo eléctrico. É dicir, proxectan luz de alta calidade e permiten iluminar zonas moi amplas.

Deste xeito, agora que se achega máis o inverno e con el un maior número horas de escasa iluminación natural, contarás con toda a comodidade no exterior do teu fogar ou traballo.

Compartir: