Instala un medidor de consumo e comeza a aforrar

Pásanos a todos. No día a día non somos moi conscientes de canto e en que gastamos. O certo é que acostumamos a consumir enerxía e isto afecta ao bolsillo a fin de mes. Por esta razón, dende Aralumen e nesta recta final do ano, queremos presentarche un aliado á hora de aforrar sen case notalo: un medidor de consumo.

Con el, poderás coñecer o consumo xerado no momento e no rexistro histórico mostrándoo en kilovatios-hora (kw), coste (euros) ou pegada de carbono. É dicir, saberás canto estás gastando e que desenbolso monetario che supón.

Entre as súas características, destaca a súa sinxela instalación pero tamén o seu fácil manexo. Isto fai que poidamos comezar a aforrar dende o minuto un.

¿Precisas máis información?

Compartir: