Benvidos a nova xeración de videoporteiros
Os tempos van cambiando, e as novas tecnoloxías ofrécennos novos produtos para facer a nosa vida cada día máis sinxela, segura e confortable
En Aralumen ofrecemos os últimos avances, que nos permiten novas e interesantes funcións:
- COMODIDADE: Recibe as chamadas directamente dende o teu móbil, tablet, ordenador… Se estás tomando o sol no xardín da tua casa, se alguén chama non tes nin que levantarte. Dende o propio móbil podes ver quen te chama, e incluso abrirlle a porta (ou non…)
- SEGURIDADE: Aínda que estés lonxe do teu fogar, se alguén te chama, podes contestar dende o teu móbil, simluando así que estás dentro da casa.
- CON MEMORIA: Se recibes unha chamada e non podes contestala, o videoporteiro sacará unha foto da persoa que a fixo, e quedará rexistrada como unha chamada perdida.
Servizo Técnico na Costa da Morte
En Aralumen instalamos as principais marcas de porteiros e videoporteiros do mercado. Segundo cada cliente, recomendamos o modelo que máis se adecúe ás súas necesidades

Grazas á nosa experiencia, dispoñemos dun servizo de reparación de porteiros e videoporteiros de rápida resposta, e podemos garantizar a reparación en menos de 48 horas dende o aviso da incidencia por toda a Costa da Morte
Non dubides en chamarnos se precisas unha proposta para instalar un novo videoporteiro ou se precisas reparar o teu. Farémolo encantados e sen ningún tipo de compromiso.