Segundo o organismo Red Eléctrica de España, o índice de frecuencia de accidentes eléctricos sitúase, no territorio nacional, nun 2,43. O dato -o máis baixo dende o 2010- chama, porén, a atención sobre a necesidade de prestar atención ao estado das nosas instalación eléctricas. Non só para evitar riscos senón tamén sustos, tal e como sempre vos indicamos dende Aralumen, o voso electricista na Costa da Morte. Aralumen ofréceche en Galicia este servizo de prevención, que recomendamos realizar alomenos cada dez anos. Ou o que é o mesmo, a seguridade de durmir tranquilo, pois cando ocorren fugas, a corrente pode pasar ás persoas causando así graves danos como queimaduras, contraccións musculares, paros respiratorios e cardiacos ou mesmo a morte.
En concreto, este servizo de revisión da instalación eléctrica componse dunha avaliación integral do estado da instalación ao completo:
- Comprobamos o estado dos equipos eléctricos
- Revisamos a toma de terra en toda a instalación
- Revisamos os elementos de protección
- Testamos os interruptores diferenciais
- Revisamos o illamento dos cables
- Entregamos un informe de deficiencias e presuposto de subsanación
Trátase, en definitiva, dunda prestación dirixida tanto a fogares como a espazos empresariais e que abrangue o estudo da seguridade da propia instalación tanto para os usuarios como para o correcto funcionamento dos distintos electrodomésticos.