Nova regulación de protección de datos: cambios no cartel de zona videovixilada

Chega a nova regularización de proteccion de datos. En Aralumen explicamos os principais cambios

O pasado 5 de decembro de 2018 entrou en vigor un novo regulamento de proteccion de datos, no que se contemplan cambios nos carteis indicativos de zona videovixilada

O cartel de vixilancia

Moitos establecementos e oficinas da Costa da Morte todavia conservan os carteis de videovixilancia antigos, e esto pode acarrear sancións

Aqui un exemplo da plantilla incorrecta:

Aqui un exemplo de como quedaria a nova plantilla:

Principais cambios:

  • A referencia normativa desaparece na nova plantilla. Anteriormente, o cartel de vixilancia debería incluír a Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos.
  • Na nova plantilla aparecen tres campos para cubrir polo responsable de tratamento dos datos. Son os seguintes:

Responsable: Identidade da persoa responsable do tratamento

Pode exercer os seus dereitos de protección de datos ante: Referencia á posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade e a limitación ou oposición ao seu tratamento.

Máis información sobre o tratamento dos teus datos persoais: Aquí deben incluirse varios puntos:

  1. Finalidade do tratamento: descrición sinxela dos propósitos do tratamento, incluíndo a existencia de decisións automatizadas e a preparación de perfís
  2. Lexitimación por consentimento do interesado
  3. Destinatarios: previsión ou non de cesións a terceiros

Debemos de ter en conta que neste cartel únicamente se está proporcionando ao usuario información básica. Polo tanto deberá indicarse onde pode acceder se quere recibir información detallada, por exemplo: “Mais información en https://aralumen.es/politica-de-privacidade/

Polo tanto, será necesario completar a información resumida e ofrecida no cartel de videovixilancia.


Si precisas poñer en regla o teu cartel de videovixilancia, achégate o noso SALÓN TECNOLÓXICO na Rúa Cabello Nº33 en Fisterra

O noso horario e de 9:30 a 13:30 ou polas tardes concertando cita previa chamando ao teléfono 608 88 96 44

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso