Plafón, iluminación eficaz sen renunciar ao deseño

Imaxina a situación. Queres consultar un libro, vestirte, realizar unha manualidade. Ou aplicar unha crema, por exemplo. Todas elas son situacións do noso día a día, desas que levamos a cabo a cotío. Agora imaxina realizalas sen case luz. Practicamente sería misión imposible. A iluminación, unha das áreas de especialización de Aralumen –o teu electricista na Costa da Morte para Galicia- é pois un aspecto fundamental no noso fogar ou lugar de traballo.

E neste senso, hoxe queremos facer fincapé nun elemento axeitado para calquera rincón do fogar: o plafón. Este tipo de lámpada -polo xeral plana- gaña cada vez máis terreo, fundamentalmente dada a súa versatilidade.

Á hora de escoller unha fonte de iluminación artificial para unha estancia concreta, teremos en conta especialmente o tamaño do espazo que buscamos iluminar pero tamén a atmósfera que desexamos crear. Neste senso, o plafón convértese nun aliado ao presentar distintos formatos, medidas, formas e estilos. Así, existen modelos apropiados tanto para aportar luz no interior coma no exterior e mesmo encontrarás opción con sensores de movemento.

En conclusión, a iluminación do teu fogar encontra no plafón un elemento práctico e eficaz que non renuncia ao deseño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso