Precisas colocar unha antena de televisión na Costa da Morte?

Non hai nada que nos incomode máis que sufrir interferencias cando estamos a consumir televisión. Porén, esta problemática é frecuente e, en moitas ocasións, débese a deficiencias na instalación da antena coa que contemos. Neste senso, en Aralumen somos especialistas en instalacións de antenas tanto para a TDT coma para Canal Satélite.

Todos os nosos produtos son de primeira calidade, para asegurar que o sinal que recibas estará limpa de interferencias. Deste xeito, ofrecemos:

  • Mastros e parafusería para suxeitar as antenas de aceiro inoxidable.
  • Pratos de parabólica; tamén con opción en aceiro inoxidable.
  • No mercado hai moitos cables de aluminio e incluso de arame forrado en cobre para abaratar as instalacións… Non queremos nin velos! Para asegurar unha boa instalación e que dure moitos anos, empregamos sempre cables de cobre puro.
  • Repartidores e mezcladores blindados e de primeira calidade, para minimizar as perdas de sinal.

En resumo, instalacións pensadas para que, cando estás ante o televisor, te preocupes só de relaxarte. E, por suposto, te esquezas das temidas interferencias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso