Instalación de Cámara WiFi para exteriores

Instalación de Cámara WiFi para exteriores

159.90 IVE incluído

¿Queres vixilar de forma sinxela o teu fogar ou negocio?

 

Este servizo inclúe a instalación  dunha cámara coa que poderás vixiar o teu fogar ou negocio dende o teu móvil, tablet ou PC.

Inclúe:

  • Cámara en HD con conexión a internet por cable ou por Wi-Fi
  • Alimentador
  • Cable de rede para conectala ao router
  • Libriño con instruccións en castelán
  • Material necesario para a instalación
  • Desplazamento e Instalación por parte dun Técnico Cualificado
  • Instalación e configuración da Aplicación gratuíta para ver as imaxes dende o teu móvil, tablet ou PC
  • Asesoramento dos técnicos de Aralumen en caso de que teñas algunha duda
  • 2 anos de garantía por defectos de fabricación

CONDICIÓNS: A cámara poderá instalarse en calquera lugar elexido sempre que se dispoña de cobertura WIFI e un enchufe para poder conectala. En caso de non cumprir estas condicións, os técnicos emitirán un novo presuposto.

 

Descrición

Esta cámara permite, dunha forma moi sinxela, vixiar o teu fogar ou negocio. A configuración e MOI SINXELA, ademáis si tes algunha duda, podes chamarnos e che axudamos a configurala.

As principais características son:

  • GRATUÍTA: Vixila o teu fogar ou negocio sen gastos de mantemento. A aplicación para ver as imaxes dende o teu móvil ou tablet e totalmente gratuíta e sin costes mensuais
  • VISION NOCTURNA: Cun alcande de ata 25 metros
  • IMPERMEABLE: Resiste perfectamente as duras condicións climatolóxicas da nosa terra, cunha IP66 aguanta noroeste, suroeste, nordés e sueste, borraxeira, brétema, orballo, chuvascos e chaparróns
  • ALTA CALIDADE DE IMAXE: Capaz de transmitir vídeo a unha calidade HD de 1280 x 720p. 
  • INSTALACIÓN INCLUÍDA NO PREZO *
  • GARANTÍA ARALUMEN: Se algo fallase, contas ca garantía dunha empresa situada en Fisterra, e coa confianza de que responderemos SEMPRE ante calquera problema ou duda que teñas coa cámara

 

Neste prezo está incuída a instalación da cámara e a instalación da aplicación gratuíta para que podas acceder a ela dende o teu móvil, tablet ou PC

Cando chegues ao carro da compra, elixe “pago ao finalizar a instalación”. Desta forma non pagarás nada ata que os técnicos rematen os traballos.

 

* Recorda que os técnicos van a necesitar un enchufe de corriente e tamén cobertura WIFI no punto onde queiras instalar a cámara. Si non esixte, os técnicos farán un presuposto da instalación necesaria para que a cámara funcione correctamente.

 

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso