Reparamos o teu videoporteiro en menos de 48 horas

Ata que se produce unha incidencia, acostumamos a non valorar suficientemente os servizos que empregamos de xeito diario. É o caso dos videoporteiros. Sabemos da súa comodidade e non nos imaxinamos o día a día sen eles pero, de repente, sofren unha avería e decatámonos de canto os precisamos. Por esta razón, como electricistas na Costa da Morte reparamos o teu videoporteiro ou porteiro en menos de 48 horas dende que nos avises.

Asimesmo, podemos garantizar este prazo tanto en casos de reparación como de sustitución do aparello. Neste senso, en Aralumen dispoñemos de modelos dotados dos últimos avances, que nos permiten novas e interesantes funcións:

  • COMODIDADE: recibe as chamadas directamente dende o teu móbil, tablet, ordenador… Se estás tomando o sol no xardín da túa casa, se alguén chama non tés nin que levantarte. Dende o propio móbil podes ver quen te chama e incluso abrirlle a porta (ou non…)
  • SEGURIDADE: ainda que esteas lonxe do teu fogar, se alguén te chama, podes contestar dende o teu móbil, simluando así que estás dentro da casa
  • CON MEMORIA: se recibes unha chamada e non podes contestala, o videoporteiro sacará unha foto da persoa que a fixo, e quedará rexistrada como unha chamada perdida.

En resumo, se precisas instalar ou cambiar o teu porteiro ou videoporteiro, achegámonos para presentarche as opcións que mellor se adapten a ti.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso