Resumo Xornada Fotovoltaica en Fisterra

Resumo da Xornada Fotovoltaica en Fisterra

 

Xornada Fotovoltaica

 

O noso pobo Fisterra, para ben ou para mal, está bastante alonxado das principais cidades galegas, e esto conleva a que os avances tecnolóxicos e recursos valiosos para as empresas tarden en chegar mais da conta (si é que algunha vez chegan)

Cando abrimos neste verán o noso Salón Tecnoloxico, a nosa intención era intentar achegar as empresas da nosa comarca estos avances e recursos útiles que lle axudasen a impulsar e optimizar os seus negocios

 

 

 

 

Nesta ocasión, preparamos unha xornada informativa sobre a Enerxía Fotovoltaica, algo que pensamos é de gran interese ao permitir aforros de ata un 50% na factura da luz, a vez que axudamos a reducir drasticamente a contaminación e axudar na loita contra o cambio climático.

 

 

Para o evento, invitamos a duas empresas especializadas no sector. Por unha parte E.Nova Enerxía, que a través de Xurxo López nos facilitou datos moi claros sobre os costes, cálculos, rentabilidade e amortización dunha planta fotovoltaica a través dun caso real

 

 

 

Como podemos ver na seguinte gráfica, a día de hoxe existen solucións de financiamento moi interesantes,  como pode ser o renting:

 

 

 

 

A continuación, Jose Manuel Vieitez, da empresa Galektra, falounos dos diferentes materiais que compoñen unha instalación fotovoltaica: placas, estructuras inversores e baterias, con mostras reais para que os participantes poidesen ver de primeira man as calidades dos mesmos

 

 

 

Falounos tamén dos diferentes tipos de estructuras e as formas de montaxe:

 

 

O remate das intervencións, os asistentes expuxeron os seus casos particulares e formularon as súas dúbidas

 

CONCLUSIÓNS:

 

En primeiro lugar, queremos agradecer a todos os asistentes que se achegaron ata o evento. Son os que dan sentido e recompensan o esforzo realizado por todos os que colaboraron na sua realización.

En segundo lugar, agradecer o esforzo feito tanto polo equipo de E-Nova como o de Galektra, que non dubidaron en apartar os seus compromisos e achegarse dende Santiago e Vigo ata Fisterra para aportar todos os seus coñecementos e recursos para colaborar neste evento.

Como resultado, no final da xornada e o longo do día seguinte aqueles clientes que non poideron achegarse, foron solicitados ata 7 estudos con orzamentos para a instalación de enerxía fotovoltaica nos seus negocios, dos cales 5 son en Fisterra, 1 en Cee e 1 en Carnota.

Vendo esto, e tendo en conta que se trataba do noso primeiro evento e apenas foi publicitado, pensamos que o resultado foi moi positivo e nos anima a seguir apostando por este tipo de xornadas.

Gracias tamén a todos os que nos axudades día a día compartindo as nosas publicacións!!

Para calquera consulta, vos recordamos que podedes contactar con nós a través dos seguintes medios:

Teléfono (e whatsapp): 608.88.96.44

Email.: clientes@aralumen.es

https://www.facebook.com/electricidade.aralumen/

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso