¿Buscas un antenista profesional na costa da morte?
En Aralumen somos especialistas en instalacións de antenas tanto para a TDT coma para Canal Satélite.
O principal, a calidade
Todos os nosos produtos son de primeira calidade, para asegurar que o sinal que recibas estará limpa de interferencias:
- Mastros e parafusería para suxeitar as antenas de aceiro inoxidable.
- Pratos de parabólica; tamén con opción en aceiro inoxidable..
- No mercado hai moitos cables de aluminio e incluso de arame forrado en cobre para abaratar as instalacións… Non queremos nin velos! Para asegurar unha boa instalación e que dure moitos anos, empregamos sempre cables de cobre puro.
- Repartidores e mezcladores blindados e de primeira calidade, para minimizar as perdas de sinal.
Canles HD, Alta Definición
Os novos televisores teñen unha gran calidade de imaxe e veñen preparados para ver as canles en HD.
A realidade é que isto non nos sirve de nada se non temos unha instalación á altura, que nos permita sintonizar e recibir realmente as canles en Alta Definición. Por eso en Aralumen instalamos:
- Antenas TDT e Satélite adaptadas a HD.
- Repartidores e alimentadores deseñados para ofrecer a máxima calidade de imaxe e minimizar as perdas de sinal.
- Tomas de TV-SAT de primeira calidade, que nos permiten poder disfrutar tanto da TDT coma das Canles Satélites en alta definición sen necesidade de separadores de sinal.
- Decodificadores da TDT e receptores Satélite de altas prestacións, preparados para as canles que emitan en HD 1080p reais.
- Cables HDMI apantallados de primeira calidade.
Fóra cables
Preparamos a instalación para que ningún cable quede á vista. Olvídate de volver a ver esa maraña de cables baixando do televisor. Coas novas tomas multimedia, podrás levar o HDMI dende o receptor satélite ou o teu reproductor multimedia favorito ata o televisor sen que se vexa ningún cable.
Ademáis, preparamos os teus equipos para que poidas pasar vídeos, imaxes e a tua música favorita dende o móbil, tablet ou PC ata teu televisor sen necesidade de cables, todo a través da tecnoloxía WiFi

En Aralumen preparamos o teu fogar para que poidas disfrutar das últimas tecnoloxías en entornos multimedia. Sácalle o máximo partido aos teus equipos e disfruta do teu descanso
Non dudes en chamarnos se precisas dunha proposta para o teu fogar