Instalacións eléctricas para o fogar

Prepara a túa vivenda para a era tecnolóxica

En Aralumen sabemos que o fogar é un reflexo das persoas, por ese motivo, adaptamos cada vivenda ás necesidades de cada cliente.

O principal é a seguridade

En Aralumen intentamos ir sempre un paso por diante en temas de seguridade.
Empregamos as últimas tecnoloxías para garantir a seguridade do teu fogar:

  • Materiais inífugos. Non propagan o lume en caso de incendio
  • Protección contra sobretensións. Protexe o teu fogar das tormentas eléctricas.
  • Alarmas detectoras de fume. Anticípate a un desastre.
  • Cámaras de videovixilancia. A seguridade dos teus é o máis importante.
  • Electroválvulas. Cortan a auga en caso de fuga, evitando inundacións.

Un fogar personalizado para ti

En Aralumen pensamos que un fogar debe ser o reflexo das persoas que o habitan, por iso cando facemos unha instalación eléctrica adaptámola ás túas necesidades é ás da túa familia.

Tecnoloxía

Se che gusta o son e a tecnoloxía podemos instalar un receptor Bluetooth nas estancias que precises, cos que poderás sincronizar de forma sinxela o teu móbil, tablet, pc… e facer que a música soe polos altofalantes do teu fogar.

Seguridade

Se para ti o máis importante é a seguridade, podemos instalar unha alarma que te avise de todo o que está a acontecer no teu fogar: fugas de auga, gas, fumes, detectores de presencia… Recibirás todos os avisos no teu móbil, e poderás ver en tempo real todo o que ocorre. Sin coutas mensuais!

Televisión e satélite

Se eres adicto á televisión, preparamos instalacións para que poidas ver tanto a TDT como Canal Satélite (Canal+, liga, etc) en todas as habitacións.

Dende o móbil

E dende logo, podemos facer que o teu fogar coide da túa familia en todo momento, porque se hai unha fuga de auga automáticamente cortarase o suministro para evitar inundacións. O mesmo que o gas, ou se hai unha intrusión. Poderás ver en todo momento o que está a acontecer dende o teu móbil co noso sistema de vixilancia e con apps totalmente gratuítas.

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso