
¿Precisas vixiar o teu fogar ou negocio?
En Aralumen sabemos que a seguridade para o teu negocio e fogar é o máis importante, por iso poñemos á túa disposición un amplo catálogo de produtos na Costa da Morte destinados a protexer e coidar do que ti máis queres.
En Aralumen levamos facendo instalacións de videovixilancia por toda a Costa da Morte dende o ano 2009
Os equipos de videovixilancia que ofrecemos en Aralumen non teñen cuotas mensuais nin requiren mantemento.
Podes empregalos para vixiar o teu fogar ou negocio, ou para supervisar os teus intereses en calquera momento, e dende calquera móbil, tablet ou PC, ademáis de poder revisar as grabacións ata 30 días atrás.
Estas son as ventaxas:
- ADAPTABLES: Todos os nosos equipos de vixilancia son adaptables, podemos facer un proxecto a medida e instalarche o número de cámaras que necesites, tanto de exterior como de interior.
- CÁMARAS DE ALTA CALIDADE:As nosas cámaras alcanzan ata 25 metros de visión nocturna, con ata e megapíxeles (o normal neste tipo de cámaras é 1 megapíxel) e 960 liñas de resolución.
- GRABACIÓN O grabador almacena ata 1 mes de vídeo en alta definición, para que non perdas ningún detalle. Dispón de conexión HDMI para conectalo a calquera monitor, e entrada de rede para poder acceder as grabacións de modo remoto.
- APLICACIÓN GRATUÍTA Supervisa o teu fogar ou negocio cando estés ausente directamente dende o teu móbil, tablet ou PC, sen ningún tipo de cuota mensual. A aplicación e moi sinxela de usar, e permite revisar tamén todo o almacenado no grabador
Lembra que nada disto terá un custo mensual para ti. Só precisas dunha conexión a internet para desfrutar do servizo.
En Aralumen ofrecemos varias solucións para que poidas vixiar o teu fogar ou negocio. Elixe a que necesites:

