É unha situación que se repite con certa frecuencia. Nalgúns fogares da Costa da Morte, a recepeción da sinal de TV presenta certos problemas que causan un visionado con interferencias da programación. Neste senso, dende Aralumen recomendamos unha revisión da instalación para asegurar o seu bo estado.
En concreto, ofrecémosche un servizo de revisión do sinal da TDT e satélite no que avaliamos o estado da instalación e correximos os posibles defectos da mesma. Mediante esta prestación, un técnico instalador cualificado desprázase ao teu domicilio para revisar por completo a instalación e atopar deficiencias na instalación tales como:
- Antena mal orientada
- Centralita e amplificadores mal axustados ou danados
- Compoñentes da instalación en mal estado
- Cableado danado
Este servizo inclúe:
- Desprazamento do técnico especialista ata o teu fogar ou negocio
- Unha hora de traballo, na que o técnico revisará a instalación completamente e intentará resolver as deficiencias atopadas