Vixía o teu fogar ou negocio sen cuotas mensuais

España é un dos países máis seguros de Europa. Así se desprende dos últimos estudos realizados nesta liña. Porén, os furtos forman parte do noso día a día tanto en negocios como en fogares. De feito, segundo a análise dos roubos cometidos na última década (2007 a 2017) en territorio nacional, cada ano prodúcense máis de 700.000 accións vandálicas desta tipoloxía, o que supón 152 casos por cada 10.000 habitantes. É dicir, hai un promedio de 2.500 roubos cada día.

Neste contexto, resulta fundamental que nos sintamos seguros. Tanto na nosa propia vivenda como na nosa empresa. Entre outras medidas, temos a posibilidade de instalar un sistema de videovixilancia que aporte tranquilidade. Así, estes equipos -que non contan, en Aralumen, con cuotas mensuais nin mantementos- permiten supervisar os teus intereses en calquera momento e dende calquera móbil, tablet ou PC, ademais de poder revisar as gravacións ata 30 días atrás.

Por outra banda, ademais de ser totalmente adaptables e estar compostas por cámaras de alta calidade, este tipo de instalacións incorporan un gravador que almacena ata un mes de vídeo en alta definición, para que non perdas ningún detalle. Dispón de conexión HDMI para conectalo a calquera monitor e entrada de rede para poder acceder ás gravacións de maneira remota.

En definitiva, o aliado da túa seguridade ten un nome: videovixilancia, tanto se queres proceder a unha instalación completa como se prefires mercar produtos específicos de xeito individualizado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non te quedes con dúbidas, fai a túa pregunta sen compromiso