XORNADA FOTOVOLTAICA EN FISTERRA
O próximo mércores 27 de novembro as 16:30, no Salón Tecnolóxico Aralumen en Fisterra, facilitaremos información sobre a tecnoloxía fotovoltaica destinada ao aforro enerxético nos negocios da Costa da Morte
Nesta xornada fotovoltaica contaremos coa presenza de:
- Xurxo López da empresa E.nova Enerxía, comercializadora eléctrica e especialistas en proxectos fotovoltaicos
- Jose Manuel Vieitez, da empresa GALEKTRA, distribuidora especializada en material fotovoltaico
O remate das intervencións, os asistentes disporán dun tempo para facer consultas e solicitar información acerca das liñas de financiación e subvencións para o vindeiro ano 2020
A xornada estará dividida en tres bloques:
- PRIMEIRO BLOQUE: Xurxo López, da empresa E.nova Enerxía falaranos sobre a enerxía fotovoltaica nas empresas, donde expoñeran o resultado económico dunha planta fotovoltaica en base a un caso real (aforro na factura da luz, inversión nunha instalación fotovoltaica, canto tempo se tarda en amortizar unhas placas solares…) A duración aproximada do bloque será duns 30 minutos.
- SEGUNDO BLOQUE: Jose Manuel Vieitez, da empresa Galektra falaranos dos diferentes materias pertencentes o sector fotovoltaico: placas, estructuras inversores, baterias… con mostras reais para que os participantes podan ver de primeira man as calidades dos mesmos
- TERCEIRO BLOQUE: Tanto Xurxo como Jose Manuel atenderán as consultas e dúbidas dos asistentes e facilitarán información sobre as subvencións e liñas de financiamento para o vindeiro ano.
O evento terá lugar no Salón Tecnolóxico Aralumen, na Rúa Cabello Nº33 en Fisterra, dende as 16:30 ata as 18:30
Para calquera consulta ou aclaración, poden poñerse en contacto chamando ao teléfono 608889644 ou escribindo ao email clientes@aralumen.es