Descripción
Co PLAN AFORRO de Xeneco, podrás comenzar a aforrar na factura da luz do teu negocio sen complicación, permanencias nin enganos.
En canto o solicites, o equipo de Xeneco poñeremos en marcha o PLAN AFORRO, que consta dos seguintes pasos:
- Revisamos 1 factura do teu negocio. Imos a necesitar que nos envíes polas duas caras unha factura da luz recente.
- Comparamos os teus prezos co resto de comercializadoras. Recollemos os datos da túa factura e comparamos os teus prezos actuais cos da competencia, para ver cánto podes aforrar cambiando de compañía.
- Revisamos gastos evitables: enerxía reactiva, mantementos, servizos… A maioría das veces, nos atopamos nas facturas costes de enerxía reactiva ou mantementos non desexados. Axudámosche a dar os pasos necesarios para eliminalos.
- Entregamos informe co aforro a conseguir. Unha vez rematado o estudio (entre 3 e 5 días laborais) enviarémoste un informe co aforro que podes chegar a conseguir e os pasos que debes seguir para acadalo.
En Xeneco axudarémosche en todo o momento cos trámites necesarios para conseguir o aforro, xa sea dar de baixa algún servizo que non utilices ou cambiarte de compañía eléctrica.
Recorda que o noso obxetivo é que aforres o máximo posible na factura. O estudio que che pasaremos non che compromete a nada, terás toda a información na túa man e logo tí decides que facer.
Chámanos sen compromiso ao 608889644