Descrición
¿ Estás fart@ de que se corte a sinal da tele?
Ca nova era dixital, melloramos moitísimo tanto a imaxe como o sonido dos nosos televisores. Pero pola contra, calquera pequena interferencia pode arruinarnos o final da película ou serie mais emocionante.
Na Costa da Morte temos dous factores que perxudican seriamente as sinais tanto da TDT coma o sinal Satélite:
- O vento: As rachas fortes de vento poden mover fácilmente a antena ou a parábola, facendo que esta perda o sinal momentánea ou definitivamente
- O salitre: O vento trae consigo tamén a salinidade mariña, que literalmente se “come” o cobre dos compoñentes eléctrónicos asi como os cables, perxudicando seriamente as instalacións
A nosa intención con este servizo e que o noso técnico especialista revise a túa instalación e averigüe cal é a causa de que non podas ver perfectamente o televisor. No 80% dos casos, esto se resolve orientando a antena ou axustando algún compoñente da instalación. Por ese motivo, neste servizo incluímos:
- Desplazamento do técnico especialista ata o teu fogar ou negocio
- 1 hora de traballo, na que o técnico revisará a instalación e intentará resolver as deficiencias atopadas
No caso de que a avaría sexa mais complicada e requira cambiar compoñentes, o técnico facilitarache un presuposto valorando os materiais e a man de obra adicional. Este presuposto poderás cancelalo sen nengún tipo de compromiso, só deberás abonar o servizo contratado
Contratao agora e en menos de 48 horas nos poñeremos en contacto contigo para concretar unha cita. Recorda que non pagarás nada ata que rematemos os traballos, elexindo “Paga na entrega” nas opcións de pago