Descripción
Os diferenciais rearmables reconectan automáticamente a rede eléctrica en caso de que a avería non supoña un risco para as persoas
Cando aparece unha fuga de corrente nunha máquina ou electrodoméstico pode supoñer un grave risco para a saúde das persoas. No caso de que a instalación eléctrica non estea en boas condicións, esta corrente pode pasar ás persoas causando graves danos como queimaduras, contraccións musculares, paro respiratorio e incluso paro cardíaco ocasionando a morte. Para evitalo, a instalación debe star protexida por un interruptor diferencial en bo estado, que corte a corrente de modo inmediato en caso de fugas.
Debido á súa alta sensibilidade, os diferenciais poden saltar tamén por outras causas como tormentas eléctricas, interferencias na rede ou causas puntuais que non supoñen un risco para as persoas
Esta situación pode ser moi incómoda se estamos de viaxe ou ausentes, xa que quedamos sen suministro eléctrico nos conxeladores, frigoríficos, cámaras de seguridade, alarmas…
Unha solución a todo isto son os diferenciais rearmables, que reconectan automáticamente a rede eléctrica en caso de que a avería non supoña un risco. Se algo fai saltar o diferencial, este agarda 10 segundos e volve a activarse automaticamente, sempre que non exista situación de risco para as persoas.
Contrata aquí a instalación dun diferencial rearmable e non pagues nada ata que rematemos os traballos, sempre coa garantía de Aralumen.